O banco de produtores de sementes garante a conservación e a dispoñibilidade de mostras viables. Os cultivos faránse nas zoas tradicionáis. Cada entrada inclúe pasaporte (orixe, gardiá/n, ano, datos de cultivo, ..), ensaios de xerminación e control de lotes.
Custodia: A Fundación Galicia Verde as custodiará en recipientes herméticos, baixa humidade e temperatura estable.
Rotación: Cada ano sementaremos as do anterior para manter a súa viabilidade e adaptación aos cambios climáticos.
Acceso: priorízanse proxectos de cultivo, hortas solidarias comunitarias e investigación.
Se precisas sementes para probar unha variedade local ou queres ceder as túas para amplar a colección, agradecémolo moito. O proceso é sinxelo:
- Enche o formulario correspondente.
- Responderemos en 3-5 días co catálogo dispoñible ou as instrucións de envío.
- As cesións inclúen ficha con datos de cultivo; os préstamos de semente veñen con recomendacións de multiplicación responsable.
As cantidades son limitadas: priorizamos iniciativas con impacto social e educativo.
Próximos encontros
- Abril: Feira da semente na sede da Fundación Galicia Verde, en Leboso-Forcarei (troco aberto e charla introdutoria).
- Setembro: Intercambio da colleita (exposición de variedades locais).
As datas poden variar segundo dispoñibilidade de espazos e colleitas.
Co teu apoio podemos rescatar máis variedades, imprimir fichas, mellorar a infraestrutura do banco e organizar máis encontros de troco. Toda achega suma.
Como podes axudar? Doazóns para materiais e loxística, participando nunha horta comunitaria solidaria, como voluntariado en colleita e multiplicación, e difusión na túa contorna.