AGRICULTURA
Unha horta solidaria comunitaria é un espazo de cultivo compartido onde veciñas e veciños traballan xuntos para producir alimentos sans e de tempada. Organizámonos por tarefas e por cultivos, e acordamos que unha parte da colleita se doe a persoas que o precisan. Ademais de alimentar, este proxecto crea comunidade, recupera saberes e dá vida ao rural.
E hai un compromiso clave: estas hortas entran a formar parte da Rede Galega de Produtores de Sementes para recuperar e conservar, dun xeito vivo, as variedades locais tradicionais. Isto significa que non só cultivamos para comer: tamén multiplicamos, seleccionamos e compartimos sementes, garantindo que o patrimonio agrícola galego siga existindo na práctica, en mans da xente e na terra.
As parcelas de Leboso-Forcarei
“Sementamos comunidade, colleitamos solidariedade.”
Este ano poñemos en marcha, na sede da Fundación Galicia Verde en Leboso (Forcarei), unha iniciativa innovadora en Galicia: as Hortas Comunitarias Solidarias. A idea é tan simple como potente: aprender a cultivar con criterio, recuperar e conservar sementes tradicionais, autoabastecernos mediante a cooperación e converter os excedentes nun apoio real para quen máis o precisa.
A participación está pensada para que sexa viable e clara: cada voluntaria/o comprométese cun único bancal, no que se cultiva unha variedade principal e outras asociadas de ciclo curto, para aproveitar mellor o espazo e diversificar a colleita. Para facilitar o éxito desde o primeiro día, antes de comezar haberá formación práctica na que falaremos de calendario, marcos de plantación, asociacións, coidados básicos, manexo sen complicacións, etc. Despois, persoal da Fundación fará seguimento e dará apoio continuo para resolver dúbidas e facilitar tratamentos agrohomeopáticos se fosen necesarios.
A Fundación proporcionará as sementes, as ferramentas básicas e a dispoñibilidade de auga para o rego, de maneira que a túa achega principal sexan o compromiso e a responsabilidade.
En Leboso contamos inicialmente con 10 bancais. O que pedimos ás persoas participantes é un compromiso serio e realista: visitas regulares, axustadas á súa dispoñibilidade de tempo, para manter o bancal en bo estado. Non fai falta ser experto/a; fai falta cumprir.
A produción distribuirase cunha orde de prioridades moi clara. As mellores plantas e froitos reservaranse para obter sementes, garantindo a continuidade do cultivo e a conservación de variedades tradicionais. Outra parte, a maior, será para consumo propio e para o intercambio con outros/as voluntarios/as. E este é o corazón comunitario do proxecto: ti cultivas e coidas un tipo de hortaliza no bancal da túa responsabilidade e, a cambio, gozarás doutras hortalizas cultivadas polos demais, mediante un sistema sinxelo de reparto e intercambio tutorado pola Fundación. O que sobre será doado a unha entidade que traballe con persoas necesitadas.
A Fundación planificará opcións realistas e axeitadas para cada tempada e tamén establecerá un sistema de tratamento e conservación posterior para que o material non se perda e quede ben identificado.
Este proxecto quere medrar: precisamos terreos cedidos temporalmente por toda Galicia para abrir novas hortas comunitarias solidarias. Se coñeces unha parcela dispoñible, ou se un concello ou entidade local quere colaborar nesta labor de socialización, aprendizaxe e dinamización do rural, interésanos moito escoitarvos.
Se queres participar, inscríbete aquí: ENLACE_AQUI
Planificación da horta de LEBOSO-Forcarei
Traballamos cunha planificación baseada en rotacións de catro anos, seguindo este criterio en cada bancal, aínda que cada un poderá comezar nunha fase diferente:
- Plantas moi consumidoras (é necesario abonar).
- Plantas consumidoras (aproveitan o que deixaron as moi consumidoras).
- Plantas pouco consumidoras.
- Plantas enriquecedoras do terreo (leguminosas en xeral).
Hortalizas seleccionadas
Para este primeiro ano escollemos, despois dunha enquisa a 40 amas de casa, as variedades de hortalizas que consideraron imprescindibles para poder ter unha alimentación completa. Son as seguintes: patacas, cebolas, allos, porros, cenorias, remolacha, nabos, leituga, rabanetes, acelga, espinaca, repolo, brócoli, coliflor, col de Bruxelas, chícharos, fabas, xudías verdes, tomate e pemento.
Pouco consumidoras
- Rabos
- Cebeliño
- Perexil
- Cilantro
- Eneldo
- Rúcula
- Canónigos
- Escarola
- Endivia
- Mostaza de folla
Enriquecedoras
- Chícharos
- Habas
- Xudías verdes
- Feixón de grao
- Lentella
- Garavanzo
- Soia
- Altramuz
- Veza
- Trevo
Moi consumidoras
- Patacas
- Porros
- Acelga
- Repolo
- Brócoli
- Coliflor
- Col de Bruxelas
- Tomate (invernadoiro)
- Pemento (invernadoiro)
- Cabaciña (no vran)
Consumidoras
- Cebolas
- Allos
- Cenorias
- Remolacha
- Nabos
- Leituga
- Espinaca
- Apio
- Pepino (invernadoiro)
- Berenxena (invernadoiro)
Tendo presente as fases da lúa prepararemos os semilleiros en crecente e transplantaremos en minguante (mellor agarre)
Calendario 2026 por datas (Forcarei)
Lenda
- MC é unha das 10 hortaliza PRINCIPAIS
- SEC: cultivo asociado (secundario) para aproveitar o oco.
- Prazo de saída SEC: cando debes colleitalo para que non moleste.
XANEIRO
03/01–18/01 (lúa minguante)
- PRINCIPAL: Preparar bancais “fortes” para patata e coles de outono (só compost moi maduro / esterco moi feito; nada fresco).
- SEC: non aplica (é máis de preparación).
18/01–01/02 (lúa crecente)
- PRINCIPAL (MC): Leituga (sementeiro protexido, tandas pequenas).
- SEC: non aplica (as asociacións van no bancal, non no sementeiro).
FEBREIRO
01/02–17/02 (lúa minguante)
- PRINCIPAL: preparación fina de bancais de patata (se o solo o permite).
17/02–03/03 (lúa crecente)
- PRINCIPAL (MC): Tomate e pemento (sementeiro protexido).
- SEC: non aplica aínda.
MARZO
03/03–19/03 (lúa minguante)
- (Normalmente aquí metemos patacas se fose zona cálida; en Forcarei mellor esperar a abril salvo ano moi benigno.)
19/03–02/04 (lúa crecente)
- PRINCIPAL (MC): Leituga (tanda 1) e acelga (plantación/sementeiro segundo manexo).
- SEC (para leituga): Rábanos entre leitugas.
- Prazo de saída SEC: 4–6 semanas.
-
- SEC (para acelga): Rábos entre liñas/entre plantas ao inicio.
- Prazo de saída SEC: 4–6 semanas.
-
ABRIL
02/04–17/04 (lúa minguante)
- PRINCIPAL (MC): Patacas (tanda 1).
- SEC (para patata): Rábanos só en bordes do medio bancal (para non estorbar o aporcado).
- Prazo de saída SEC: 4–6 semanas e, idealmente, antes do aporcado forte.
-
17/04–01/05 (lúa crecente)
- PRINCIPAL (MC): Leituga (tanda 2) e acelga (se non entrou antes).
- SEC (leituga): Rábanos (tanda 2).
- Saída: 4–6 semanas.
-
- PRINCIPAL (MC): Porro (sementeiro/repicado se aínda non está feito).
- SEC: aínda non (a asociación porro–cenoria faise no bancal cando transplantes o porro).
MAIO
01/05–16/05 (lúa minguante)
- PRINCIPAL (MC): Patacas (tanda 2, opcional para escalonar colleita).
- SEC (patata): se queres repetir, rabos en bordes (última tanda útil).
- Saída: antes do aporcado serio.
-
16/05–31/05 (lúa crecente)
- PRINCIPAL (MC): Tomate + pemento (transplante baixo túnel, se xa hai temperatura).
- SEC (tomate): Leituga entre plantas de tomate (só mentres o tomate non pecha).
- Saída: 6–8 semanas tras o transplante do tomate (antes de que sombree).
-
- SEC (pemento): Espinaca en bandas entre liñas.
- Saída: 4–6 semanas (corte “baby”/manoxo).
-
- PRINCIPAL (MC): Leituga (tanda 3).
- SEC (leituga): Rábos (tanda 3).
- Saída: 4–6 semanas.
-
XUÑO
31/05–15/06 (lúa minguante)
- PRINCIPAL (MC): remates/axustes de patata (aporcado, etc.).
- Preparar bancais para coles de outono (regas, acolchado, compost maduro).
15/06–30/06 (lúa crecente)
- PRINCIPAL (MC): transplante exterior de tomate/pemento se non se fixo (ou reforzar ventilación no túnel).
- PRINCIPAL (MC): sementeiro de repollo/berza, brócoli, coliflor, Bruxelas (tanda 1).
- SEC: non aplica aínda no bancal de coles (a asociación vai despois do transplante).
XULLO
30/06–14/07 (lúa minguante)
- PRINCIPAL (MC): preparación final dos bancais de coles (solo húmido, acolchado listo).
14/07–29/07 (crecente)
- PRINCIPAL (MC): sementeiro de coles (tanda 2) para escalonar.
- PRINCIPAL (MC): manter escalonado de leitugas se estás consumindo moita ensalada.
- SEC (leituga): rabo (se o calor o permite; se non, pasa a setembro).
AGOSTO
29/07–12/08 (lúa minguante)
- PRINCIPAL (MC): deixar bancais “a punto” para transplantar coles (rega lista, acolchado).
12/08–28/08 (crecente)
- PRINCIPAL (MC): transplante coles (tanda 1): repollo/berza, brócoli, coliflor, Bruxelas.
- SEC nas coles (segundo principal):
- Repollo/berza → SEC: rabo
- Brócoli → SEC: leituga
- Coliflor → SEC: espinaca
- Bruxelas → SEC: espinaca
- Saída SEC en todos: 4–8 semanas (rabos 4–6; espinaca 4–6; leituga 6–8), sempre antes de que a col “encha”.
-
- PRINCIPAL (MC): Porro (transplante).
- SEC (porro): zanahoria entre liñas do porro.
- Saída: colleita normal da zanahoria (non estorba se a deixas entre liñas desde o inicio).
-
SETEMBRO
28/08–11/09 (lúa minguante)
- SEC (leituga de outono, se a metes): mellor preparar bancal e sementar rabos aquí.
- SEC (coles xa transplantadas): primeira “limpeza” de secundarias se xa empezan a competir.
11/09–26/09 (lúa crecente)
- PRINCIPAL (MC): transplante coles (tanda 2, última boa en Forcarei).
- SEC (coles tanda 2): igual que en agosto (rabo/leituga/espinaca segundo principal).
- Saída: antes do peche (4–8 semanas).
-
- PRINCIPAL (MC): leituga de outono (tanda 1).
- SEC (leituga): rabo (tandas pequenas).
- Saída: 4–6 semanas.
-
OUTUBRO
26/09–10/10 (lúa minguante)
- (Non hai principal MC aquí, salvo mantemento e colleitas en marcha.)
10/10–26/10 (lúa crecente)
- PRINCIPAL (MC): espinaca é boa como secundaria de outono.
- SEC útil (se che quedan ocos mentres coles medran): espinaca entre liñas (só se aínda hai luz e non hai competencia).
- Saída: 4–7 semanas.
-
NOVEMBRO
26/10–09/11 (lúa minguante)
- SEC: retirar secundarias que queden nas coles se xa sombrean (prioridade sanidade/aireación).
09/11–24/11 (crecente)
- (Poucas implantacións novas sen túnel; o traballo é máis de colleita e mantemento.)
DECEMBRO
24/11–09/12 (lúa minguante)
- Mantemento e colleitas.
09/12–24/12 (lúa crecente)
- Se tes túnel e queres apurar:
- PRINCIPAL (MC): pequenas tandas de leituga (sementeiro/plantel).
- SEC: non aplica ata plantación no bancal.
-
Cada participante recibirá unha follas específica do seu bancal
Como participar
Se queres participar na horta comunitaria solidaria de Leboso contactanos dende AQUÍ
Tamén tés outras maneiras de colaborar nos proxectos da Fundación Galicia Verde:
- Apadriñamento: financia a plantación e coidado dunha árbore nativa no Bosque da Biodiversidade.
- Voluntariado: participa en xornadas de voluntariado.
- Doazón xeral: axúdanos para mercar máis parcelas en Galicia.