COLABORA
Axúdanos a financiar Senda Verde TV Rural
Coa túa doazón fas posible unha televisión rural en galego, feita para servir ao País: formar, informar con rigor e conservar o noso territorio e a nosa memoria. Cada achega convértese en programas útiles sobre agroecoloxía, arte, cultura, economía local e participación cidadá. O rural precisa voz propia para decidir o seu futuro. Dona agora e constrúe País connosco.
En que empregaremos os fondos?

- Posta en marcha de SENDA VERDE TV RURAL
- Desenvolvemento de contidos para SENDA VERDE TV RURAL.
- Elaboración de cursos e materiais audiovisuais de formación, accesibles para a comunidade, en colaboración cos mellores profesionáis.
- Programas de conservación de sementes mediante a creación de redes de produtores de sementes para uso comunitario.
- Plantación e mantemento de bosques da biodiversidade e corredores verdes.
Non sabes que escoller?
Podes comezar cunha doazón puntual e, se o desexas, facerche recorrente máis adiante. Ainda que as cantidades sexan pequeñas, entre todas e todos ímolo conseguir
Empresas e mecenado: Se desexades colaborar con SENDA VERDE TV RURAL para traballar xuntos polo desenvolvemento do País, contacta connosco para concertar unha entrevista e analizar as posibilidades de colaboración.

Elixe como queres apoiar
Doazón recorrente e apadriñamento
Facéndote doante mensual aseguras continuidade aos proxectos e permítenos planificar mellor as accións no territorio. O apadriñamento de árbores é unha forma simbólica e moi efectiva de contribuír aos bosques da biodiversidade.
Que recibirás? Resumo anual de impacto, comunicacións con novidades e, no caso do apadriñamento, certificado e actualizacións.
Que recibirás? Resumo anual de impacto, comunicacións con novidades e, no caso do apadriñamento, certificado e actualizacións.
Métodos de pago e seguridade
Aceptamos varias formas de doazón:
- Tarxeta bancaria (rediriximos a pasarela segura).
- Transferencia (enviarémosche os datos ao contactar).
- Domiciliación SEPA para doazóns mensuais.
Seguridade dos datos
Empregamos provedores con certificación PCI-DSS e tratamos os datos persoais conforme á normativa vixente. Non almacenamos datos completos da túa tarxeta.
Beneficios fiscais en España
As doazóns á Fundación Galicia Verde dan dereito a deducións fiscais segundo a Lei española vixente. A modo orientativo:
- Persoas físicas (IRPF): dedución do 80% dos primeiros 250 € e do 40% do resto (45% se hai reiteración).
- Empresas (IS): dedución xeral do 40% (45% se hai reiteración).
Transparencia e informes
Comprometémonos a publicar información clara sobre o uso dos fondos: memorias, contas anuais, rexistro de doazóns e convenios. Consulta todo o detalle e solicita datos adicionais se os precisas.
Preguntas frecuentes
Como podo facer unha doazón puntual?
Podes escoller transferencia ou tarxeta: escribe a través do formulario e enviaremos as instrucións.
Podo modificar ou cancelar a doazón mensual?
Si, en calquera momento. Contacta e arranxamos o cambio para o seguinte recibo.
Recibo certificado da doazón?
Si, enviamos xustificante por correo electrónico con todos os datos.
As doazóns teñen comisión?
As plataformas de pago poden aplicar unha pequena comisión; procuramos as opcións máis económicas.
Podo dedicar a doazón a un proxecto concreto?
Si, indícao na mensaxe do formulario e asignarémola ao programa elixido.

Opinións de doantes
Aínda non hai comentarios.