COLABORA
DOAZONS MENSUAIS REGULARES
Doazón mensual
Se queres apoiar de maneira estable os proxectos da Fundación Galicia Verde, podes facer unha doazón mensual. Enche os datos e escolle o importe. Contactaremos contigo para formalizar a domiciliación/forma de pago.
A doazón mensual é o que lle dá estabilidade a un proxecto: permite planificar, manter actividades no tempo e non depender de picos puntuais de financiamento. Cando hai continuidade, pódense organizar cursos, accións sociais e iniciativas no territorio con calendario, equipos e recursos reais, sen improvisación.
Un apoio periódico tamén reduce a vulnerabilidade: os custos fixos existen todos os meses (comunicación, desprazamentos, materiais, mantemento, pequenas compras imprescindibles). Coa doazón mensual podemos cubrir esa base e dedicar a enerxía ao importante: facer traballo útil no rural e dar resultados medibles.
E aquí entra a idea clave: pouco de moitos é moito. Non fai falta unha gran achega individual para cambiar as cousas; fai falta unha rede constante de persoas e entidades comprometidas. Cinco, dez ou quince euros ao mes, sumados, convértense nun motor que non para.
Se queres que o proxecto teña futuro, a doazón mensual é a forma máis eficaz de apoiar. Aporta continuidade, reforza a independencia e constrúe unha base sólida para levantar o País entre todas e todos.
¡Contamos contigo!