Ir ao contido

SEGURIDADE DIXITAL - Fundación Galicia Verde, ao servizo do rural

Skip menu
Skip menu
TV RURAL > SENDA VERDE TV
SEGURIDADE DIXITAL
"A seguridade dixital é esencial para protexer a túa información persoal, evitar roubos de identidade e garantir que ninguén use os teus datos sen o teu permiso".

Gran parte da nosa vida pasa por internet: contas bancarias, comunicación coa administración, traballo, estudos e relacións persoais. Se non nos protexemos, deixamos aberta a porta a estafas, suplantación de identidade, chantaxes e roubos de datos que poden ter consecuencias económicas e persoais moi graves.
A seguridade dixital comeza por pasos sinxelos: usar contrasinais fortes e diferentes en cada servizo, activar a verificación en dúas etapas, non compartir datos persoais en páxinas ou mensaxes dubidosas e manter actualizados o móbil e o computador.
Practicar a seguridade dixital é un acto de responsabilidade persoal e colectiva, imprescindible para vivir e traballar con confianza nun mundo cada vez máis conectado.
            Partindo de que a seguridade total non existe debes ter en conta as seguintes recomendacións

O risco está sempre presente pero temos que poñer barreiras para reducir os posibles danos ao mínimo

Privacidade antes que comodidade
Servizos “gratis” (Google, Microsoft, Meta, etc.) pagan a cambio dos teus datos. Se o produto é de balde, o produto adoitas ser ti.  

Software e servizos libres e cifrados
Diferenciar entre “de balde” e “libre”. Libre = podes executar, estudar, modificar e distribuír.
Preferir servizos con cifrado de extremo a extremo (E2EE): datos cifrados en tránsito, no servidor e no teu dispositivo.  

Descentralizar: Fediverso, autoaloxo, redes federadas
Fuxir de plataformas únicas controladas por corporacións ou millonarios de quenda.
No Fediverso podes marchar de instancia sen perder conta nin contidos, e ningunha empresa pode “mercar” toda a rede.  

Uso crítico da nube
“A nube” son ordenadores alleos: ao subir algo, deixas de controlalo completamente.
Só subir o necesario, valorar que realmente precisa estar na nube e que non, e ter presente o impacto ambiental.

Contrasinais fortes + xestor + 2FA
Contrasinais longas, únicas e aleatorias, gardadas nun xestor (Bitwarden, Proton Pass…).
Activar autenticación en dous pasos con aplicacións tipo FreeOTP e conservar códigos de recuperación.

Navegación máis privada (DNS, navegador, extensións)
Usar DNS seguros (DoH/DoT) e, se fai falta máis protección, VPN ou Tor para que o ISP non poida seguir doado a túa actividade.  

Empregar navegadores libres (Firefox, Tor Browser), buscadores respectuosos coa privacidade e extensións libres que bloqueen rastreadores e cookies invasivas.  

Coñecer os ataques típicos para recoñecelos
Phishing, spoofing, man-in-the-middle, ransomware, keyloggers…
Medidas base: sistemas e apps actualizados, non abrir ligazóns/ficheiros sospeitosos, copias de seguridade, antivirus cando proceda, uso de 2FA.

Sistemas operativos libres para máis control
Priorizar GNU/Linux e outras alternativas libres tanto en ordenadores como en móbiles reduce dependencia de corporacións e a exposición a certos malware.

O móbil é o principal foco de risco
Actualizar sistema e apps, poñer PIN/patrón forte, desconfiar da biometría como única barreira.
Bloquear especificamente apps críticas (banco, xestor de contrasinais), revisar permisos e instalar só de tendas fiables (F-Droid, etc.).  

Compras en liña con cabeza
Verificar que a tenda é lexítima, que usa HTTPS, evitar ligazóns recibidas por mensaxes non solicitadas.
Usar tarxetas virtuais de prepago, non gardar datos da tarxeta e vixiar movementos para detectar fraudes.  

Seguridade en colectividades e organizacións
Avaliar riscos segundo o tipo de organización: non é o mesmo unha asociación local ca un colectivo en conflito cunha multinacional ou cun Estado.  

Minimizar información sensible nas comunicacións dixitais e na nube, compartir só o imprescindible e por canles axeitadas.
Coidar especialmente o teléfono (grupos, contactos, fotos, nube) e acompañar o cambio tecnolóxico para non deixar ninguén atrás.

Idea transversal: decidir que expoñemos e onde
Pensar sempre: que información é, quen a pode ver, en que servidor queda gardada e durante canto tempo.
Combinar ferramentas técnicas (cifrado, software libre, DNS seguro, VPN/Tor…) con hábitos: compartir menos, revisar axustes, dubidar das “facilidades” que regalan a cambio de datos.
A PRÁCTICA DENDE SENDA VERDE TV
Ten sempre presentes estas normas mínimas:

  • Contrasinais fortes e únicos en todas partes. Nada de “123456” nin repetir o mesmo contrasinal en correo, banco e redes sociais. Usa frases longas, mestura letras, números e símbolos, e activa sempre que poidas a verificación en dous pasos.
  • Actualiza sempre o móbil e o ordenador. As actualizacións non son capricho: arranxan buratos de seguridade. Se podes, activa as actualizacións automáticas de sistema e de aplicacións.
  • Non abras enlaces nin arquivos sospeitosos. Se non coñeces o remitente, ou a mensaxe che soa rara (prisasa, ameazas, premios…), non cliques no enlace nin abras o arquivo. Comproba antes pola túa conta (chamada, web oficial, etc.).
  • Coida o que compartes en redes. Non publiques datos persoais (DNI, enderezo, teléfono, rutinas diarias…). Canto menos conte sobre ti haxa en aberto, máis difícil será que te suplanten ou che fagan enganos.
fonte: guía dixital de ENXENERÍA SEN FRONTEIRAS
Sementando futuro no rural.
Tenda solidaria e recursos

Tenda solidaria
Doazóns
Blog
Fundación Galicia Verde, ao servizo do rural

Informamos, formamos e recadamos fondos para impulsar un rural vivo, sostible e con futuro.
© Fundación Galicia Verde — Transparencia
Created with WebSite X5
Páxinas principais

Volver ao contido
Application icon
Fundación Galicia Verde, ao servizo do rural Install this application on your home screen for a better experience
Tap Installation button on iOS then "Add to your screen"