Ir ao contido

Análise de terras - Fundación Galicia Verde

Análise de terras

CURSOS
Todos os nosos cursos son impartidos por profesionais con ampla experiencia e poden solicitarse desde calquera punto de Galicia ou do Bierzo. A entidade ou persoa solicitante será responsable de publicitar o curso e de conseguir o número mínimo de asistentes. Así mesmo, deberá cumprir as condicións necesarias para o seu correcto desenvolvemento (espazo, leiras, etc.) e asumir os gastos do profesorado (aloxamento, manutención e desprazamentos, entre outros). Unha vez presentada a solicitude, enviaráselle un prego de condicións coas especificacións organizativas e técnicas que deberán cumprirse.
CURSO DE ANÁLISE DE TERRAS
Curso presencial. Duración 1 día
CONTIDOS
Análise de terras polo método Herody


Destinatarios: persoas agricultoras, gandeiras, horticultoras e técnicas interesadas no coñecemento e manexo da fertilidade do solo.

Obxectivos

  • Coñecer os fundamentos do diagnóstico Hérody.
  • Aprender a observar o solo no seu contexto xeolóxico e agronómico.
  • Realizar unha mostraxe representativa dos diferentes horizontes.
  • Relacionar estrutura, materia orgánica e actividade biolóxica coas prácticas de cultivo.

Programa

09.30–10.30 | Introdución ao método Hérody
Diagnóstico global baseado na observación da parcela e complementado con análises de laboratorio, co obxectivo de adaptar o laboreo, a fertilización e as emendas ás características reais do solo.
10.30–12.00 | Lectura da parcela e apertura dunha calicata
Xeoloxía, relevo, drenaxe, vexetación, desenvolvemento das raíces e identificación dos horizontes do solo.
12.00–14.00 | Observación práctica do perfil
Cor, textura, estrutura, porosidade, compactación, humidade, reacción ao ácido e presenza de actividade biolóxica.
15.30–16.30 | Toma e preparación de mostras
Selección de zonas homoxéneas, recollida diferenciada dos horizontes superficial e profundo, etiquetaxe e conservación das mostras.
16.30–17.30 | Interpretación agronómica
Introdución ao coeficiente de fixación, estado do calcio e do magnesio e distintas fraccións da materia orgánica.
17.30–18.00 | Conclusións

Elaboración dunha primeira ficha de diagnóstico e propostas de manexo. A interpretación completa require análises específicas de laboratorio.


DOCENTE

Enrique Banet López de Rego
Pdte. da Fundación Galicia Verde
Idioma: Galego

FORMACIÓN ACADÉMICA EN AGRICULTURA
  • 1980: Máster en Agricultura Ecolóxica.
  • 1990: Ecoconselleiro en Medio Rural, pola Universidade de Namurs.

INVESTIGACIÓN
  • Na actualidade investiga sobre cristalizacións sensibles como método de análise cualitativa.
  • Agrohomeopatía como alternativa aos tratamentos químicos convencionais.

SERVIZOS PRESTADOS
  • Máis de 30 anos dedicado á divulgación medioambiental e da agricultura ecolóxica.
  • Director-presentador do programa Senda Verde, na TVG
  • Impartiu e imparte numerosos cursos, tanto en Galicia como en Castela-León e Euskadi.
  • Varios cursos de agricultura ecolóxica en liña para a UNED.
  • O seu labor levouno a ser finalista nos prestixiosos premios “The Princess Awards”.

CARGO ACTUAL
  • Presidente da Fundación Galicia Verde.

Volver ao contido
Application icon
Fundación Galicia Verde Install this application on your home screen for a better experience
Tap Installation button on iOS then "Add to your screen"