FORMAR
Transmitir coñecementos e facilitar ferramentas prácticas para mellorar a vida no rural, recuperar oficios e promover novas oportunidades de desenvolvemento.
CONSERVAR
Protexer a biodiversidade e o patrimonio natural, cultural e humano de Galicia, preservando as variedades tradicionais, a memoria e os recursos do territorio.
RECUPERAR
Recuperar terras, recursos e coñecementos en risco de abandono, devolvéndolles utilidade social, produtiva e ambiental mediante iniciativas comunitarias.
INFORMAR
Ofrecer información útil e rigorosa ao servizo das comunidades rurais, dar voz ás súas xentes e favorecer a súa participación nas decisións sobre o futuro do territorio.
Entre todas/os imos seguir formando, investigando e impulsando iniciativas ao servizo de Galicia.