Luces e sombras
Luces e Sombras
Luces é un espazo para divulgar actividades de entidades colaboradoras que apoian socialmente os proxectos da Fundación Galicia Verde. Sombras é unha ventá para documentar problemas do territorio: contaminación, abandono, incumprimentos, impactos ambientais ou situacións que requiren visibilidade pública.
As entidades rexistradas unha vez poderán enviar novas actividades ou comunicacións de maneira simplificada nas seguintes ocasións.
Luces: divulgar actividades de entidades colaboradoras
Este formulario serve para rexistrar unha entidade colaboradora ou para enviar unha actividade ao calendario. Apoiar a Fundación non supón ningún compromiso económico: significa figurar, se así o autorizades, como apoio social na páxina web.
Sombras: denuncias e problemas documentados
Este espazo non substitúe as denuncias administrativas, xudiciais ou ambientais ante os organismos competentes. A persoa ou entidade remitente responsabilízase do contido enviado, da veracidade dos feitos expostos e dos dereitos sobre as imaxes achegadas.
