Ir ao contido

Corredores verdes: conexións para a vida - Fundación Galicia Verde, ao servizo do rural

Skip menu
Skip menu
AGRICULTURA
Corredores verdes: consumo en proximidade
Consumo de proximidade para crear riqueza local, reducir a contaminación e ter produtos da máxima calidade. Descubre como deseñamos corredores verdes para ter una Galicia máis resiliente.
Por un futuro sostible
Corredores Verdes é unha proposta simple e potente: crear unha rede de produción agroalimentaria nas proximidades das cidades para abastecelas con produto local, de tempada e a prezo xusto. O diferencial non é só “producir preto”, senón traballar en rede: produtores coordinados entre si e conectados coa cidadanía para lograr unha economía local máis forte, estable e sostible.

Como funciona un Corredor Verde?
Xuntado a consumidores con produtores de proximidade, nos arredores da poboación, pero dun xeito mais racional e lóxico.
Por unha banda temos unha rede de produtores coordinados, como si fora una cooprativa, e dicir: compartindo maquinaria para evitar investimentos duplicados e abaratar custos, intercambiando coñecemento como maneixo de solo, pragas, rego, planificación de cultivos en función da demanda, planificando rotacións e complementariedade, intercambiando sementes e material vexetal e organizando compras e vendas conxuntas.

Resultado: explotacións máis viables, custos máis baixos e oferta máis regular.

Esta venda traballa en canles curtas para achegar o produto ao consumidor, e pode facerse de diferentes maneiras, como:

Cestas semanais / puntos de recollida en barrios, centros sociais, comercios colaboradores.
Mercados de produtores (fixos ou itinerantes).
Acordos con comedores colectivos (escolas, residencias, empresas) cando sexa viable.
Venda online local con entrega agrupada (un día á semana, rutas optimizadas).
Mercados de produtores (fixos ou itinerantes).
Acordos con comedores colectivos (escolas, residencias, empresas) cando sexa viable.
Venda online local con entrega agrupada (un día á semana, rutas optimizadas).
Ao ter menos intermediarios haberá máis transparencia e prezos máis estables.

Doutra banda potenciaremos a relación entre produtores e consumidores, para que estes poidan coñecer quen produce, como e onde, e que os produtores poidan planificar mellor. Isto reduce riscos, mellora a calidade e constrúe comunidade.

Como actividades para conectar e activar o consumo poderíamos facer roteiros polos corredores (a pé ou en bici) para coñecer leiras, hortas e granxas, facer visitas guiadas e xornadas de portas abertas, así como degustacións de tempada e presentacións de produto.

Isto crea confianza e fidelidade: cando coñeces a orixe, valoras máis o alimento. Cos consumidores crearíamos  unha cultura gastronómica de tempada, para potenciar os produtos estacionais a través de campañas de produto estrela do mes” (cabaza, grelo, tomate, castaña…), concursos de receitas (familias, hostalaría local, escolas), .. e na web poderíamos publicar e premiar as mellores reicetas, con vídeos curtos e sinxelos. Censeguiríamos máis demanda de tempada, mellor prezo para o produtor e dieta máis saudable.

VANTAXES
(o que importa de verdade)

1- Máis riqueza local e emprego de proximidade xa que cada euro que queda na contorna, xera actividade en talleres, transporte local, envases, comercio e servizos, mantén as explotacións familiares, fixa poboación e crea oportunidades para xente nova.

2- Menos desperdicio e menos custos ocultos, menos quilómetros e por tanto menos perdas por transporte e almacenamento, produción planificada con demanda real (menos excedentes que acaban no lixo) e produtos máis frescos, con mellor capacidade nutritiva, o que redunda en mellor saúde.
 
3-Prezos máis xustos e estables, pois con menos intermediación reduce picos artificiais. Posibilidade de planificación na que os acordos de compra (cestas/comedores) dan estabilidade. Con estes prezos nos que o consumidor paga un prezo razoable; o produtor cobra o suficiente para vivir.

4- “Da planta ao prato”: mais sabor, frescura e saúde pois a recolección faise no punto óptimo polo que o produto ten mais calidade organoléptica e nutricional, e máis transparencia.

5- Coidado do territorio e resiliencia xa que a diversificación e rotacións melloran o solo e reducen a dependencia de insumos, máxime cando plantamos variedades locais e sementes compartidas mellor adaptadas ao clima.

Un territorio vivo é un territorio máis defendible e con futuro
Xente comprometida
Como implicarse
O que nos beneficia a todas e todos é contar cunha cadea curta e eficiente: utiliza menos transporte e, polo tanto, xera menos contaminación; hai menos perdas por alimentos estragados; e haberá máis produto “da planta ao prato”. Tamén nos beneficia que a economía local será máis forte: o diñeiro circula na comarca e crea resiliencia.
Por iso, todas e todos debemos participar no Corredor Verde máis próximo, e podemos facelo desde distintas posicións: como produtores, como consumidores (todas e todos) ou como punto de distribución.

Con este sistema, todo son vantaxes:

  • Os produtores poderán planificar a produción sen risco de excedentes, obter un mellor prezo medio, reducir custos e contar cunha clientela fidelizada.
  • Os consumidores terán produtos de máxima calidade, frescos e de tempada. Saberán quen os produce e como se producen. Os prezos serán máis baixos e estables, e terán a certeza de que están a crear un impacto positivo no territorio.
  • Os puntos de distribución contarán cun fluxo estable e cunha venda máis previsible, con ingresos regulares, sen necesidade de manter stock, e converteranse nun nó local dun proxecto con valor social.
Entre todas e todos formamos unha mesma cadea, do campo á mesa.


SELECCIONA COMO QUERES COLABORAR

Solicitude de adhesión como PRODUTOR/A

Canles que che interesan
Compromisos mínimos

Protección de datos: os datos recóllense unicamente para xestionar a participación no proxecto Corredores Verdes.

Solicitude de adhesión como CONSUMIDOR/A

Preferencias
Participación

Protección de datos: os datos recóllense unicamente para xestionar a participación no proxecto Corredores Verdes.

Solicitude de adhesión como ENTIDADE COLABORADORA

Tipo de colaboración

Protección de datos: os datos recóllense unicamente para xestionar a participación no proxecto Corredores Verdes.

Pilotos en marcha
Como medimos

Rexistramos datos con transectos, fototrampeo e ciencia cidadá. Publicamos informes en Transparencia e revisamos anualmente os obxectivos para mellorar a eficacia dos corredores.

Indicadores clave (2025)
  • +12 km de corredores restaurados
  • 85% de supervivencia media nas plantacións
  • 18 pasos de fauna instalados
  • +35 especies de polinizadores rexistradas
Doazóns en acción
Man sostendo un plantón autóctono listo para plantar
Suma a túa forza

As túas mans e o teu apoio económico permiten acelerar a creación de corredores verdes. Garantimos uso responsable dos fondos e retorno ambiental medible.

  • Voluntariado: plantacións, seguimento de biodiversidade e mantemento.
  • Mecenado: doazóns, apadriñamento de árbores e materiais.
Apúntate ao boletín



Acepto recibir comunicacións da Fundación Galicia Verde e a política de privacidade.

Entidade colaboradora

















Punto de recollida
Espazo para mercado
Compra regular (hostalaría/comedores)
Loxística (vehículo, frío, almacenaxe)
Difusión/comunicación
Apoio económico/patrocinio ético






Protección de datos: os datos recóllense unicamente para xestionar a participación no proxecto Corredores Verdes.

Produtor/a: solicitude de adhesión





























Cestas Mercado Punto de recollida Hostalaría Comedores


Acepto coordinación básica e comunicación
Informarei incidencias con antelación
Acepto código ético e transparencia







Protección de datos: os datos recóllense unicamente para xestionar a participación no proxecto Corredores Verdes.

Consumidor/a: quero produto de cercanía




















Ecolóxico Local de tempada Ambos








Roteiros/visitas Degustacións Concurso de receitas







Protección de datos: os datos recóllense unicamente para xestionar a participación no proxecto Corredores Verdes.

“Os datos persoais recóllense unicamente para xestionar a participación no proxecto Corredores Verdes e comunicarnos contigo. Non se cederán a terceiros, salvo obrigas legais. Poderás exercer os dereitos de acceso, rectificación e supresión solicitándoo por email.”
“Os datos persoais recóllense unicamente para xestionar a participación no proxecto Corredores Verdes e comunicarnos contigo. Non se cederán a terceiros, salvo obrigas legais. Poderás exercer os dereitos de acceso, rectificación e supresión solicitándoo por email.”
“Os datos persoais recóllense unicamente para xestionar a participación no proxecto Corredores Verdes e comunicarnos contigo. Non se cederán a terceiros, salvo obrigas legais. Poderás exercer os dereitos de acceso, rectificación e supresión solicitándoo por email.”
Sementando futuro no rural.
Tenda solidaria e recursos

Tenda solidaria
Doazóns
Blog
Fundación Galicia Verde, ao servizo do rural

Informamos, formamos e recadamos fondos para impulsar un rural vivo, sostible e con futuro.
© Fundación Galicia Verde — Transparencia
Created with WebSite X5
Páxinas principais

Volver ao contido
Application icon
Fundación Galicia Verde, ao servizo do rural Install this application on your home screen for a better experience
Tap Installation button on iOS then "Add to your screen"