Rede de Colaboracion de Senda Verde TV Rural
Como podes colaborar?
Senda Verde TV Rural ofrece diferentes formas de participación. Escolle aquelas que mellor se adapten aos teus intereses, coñecementos e posibilidades.
Documentais e vídeos
Comparte documentais, reportaxes e outros materiais audiovisuais xa realizados para contribuír á programación e á conservación da memoria rural, respectando os dereitos dos seus autores.
Información e experiencias
Propón noticias, iniciativas, problemas e experiencias que merezan ser coñecidas e compartidas coas comunidades rurais galegas.
Colaboración audiovisual
Achega os teus coñecementos en gravación, fotografía, edición, son, realización ou comunicación para axudar a producir e difundir contidos.
Comités comarcais
Participa na identificación de necesidades, na proposta de temas e no seguimento da televisión desde a túa comarca.
Comité xeral
Contribúe ao seguimento do proxecto, á colaboración entre comarcas e á proposta de orientacións xerais para a televisión rural.
Difusión e apoio
Axuda a dar a coñecer a televisión, facilita contactos con persoas e entidades e contribúe a ampliar a rede de colaboración.